
As piscinas descubertas de Verín abrirán ao público este sábado 21 de xuño
18/06/2025
Verín acollerá este sábado na Preguiza as IX Xornadas de Convivencia de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil
25/06/2025Verín, 19 de xuño de 2025. A comarca de Monterrei prepárase para vivir este domingo, 22 de xuño, unha xornada histórica coa celebración da primeira edición da carreira de obstáculos A Revolta Irmandiña, que nace con gran éxito de convocatoria: máis de 300 persoas inscritas participarán neste gran evento deportivo e cultural.
Organizada polo colectivo KTORCE e con apoio institucional da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e os Concellos de Verín e Monterrei, esta proba está inspirada na Revolta Irmandiña do século XV. Os participantes poderán escoller entre dous percorridos (5 e 8 km) cheos de obstáculos e probas físicas que discorren por espazos tan emblemáticos como o castelo de Monterrei, o río Támega ou os viñedos da comarca.
Segundo destacou a organización, a carreira busca “ser moito máis ca unha proba deportiva: unha experiencia completa que mestura historia, natureza e tradición”. Con ese obxectivo, o evento estará acompañado dunha ampla programación paralela pensada para todos os públicos.
“Irmandades miúdas”: A aventura para os máis pequenos
A programación infantil “Irmandades Miúdas” converterá tamåén aos máis pequenos en protagonistas da xornada. Cunha excelente acollida previa e decenas de nenos e nenas inscritos, esta actividade ofrece na Preguiza xogos, probas adaptadas e contidos lúdicos inspirados no espírito irmandiño, co obxectivo de educar e divertir ao mesmo tempo.
Sabores da terra co “Pincho Irmandiño”
Durante os días 19, 20 e 21, a gastronomía tamén terá un papel destacado grazas ao Pincho Irmandiño, unha ruta na que participan 10 establecementos hostaleiros da vila: Tapería Rúa Maior, San Roque, Bar Cafetería O Tixo, Brétema, Oh Caruso, Gandainas, Enredo, O Ferro, Almae e Luan’s. Os visitantes poderán saborear creacións inspiradas na historia da comarca durante toda a fin de semana.
Zona de mercado, música en vivo e xantar popular e moitas máis sorpresas
No entorno da Preguiza instalarase unha zona de mercadillo con oito postos que ofrecerán desde artesanía local ata produtos ecolóxicos e solidarios (ganchillo, decoración, cosmética natural, agasallos personalizados, etc.).
A xornada estará amenizada pola música en directo de Candaira así como de música ambiente durante toda a xornada, contribuíndo a crear un ambiente festivo e participativo.
Ao remate da proba, participantes e público poderán compartir un xantar popular, que servirá de colofón perfecto a unha mañá de deporte, historia e convivencia, e onde se recuperará forzas celebrando en comunidade o espírito da Revolta.
Horarios da carreira
Recollida dorsais
Sábado 21 – 19:00 – 21:00 h
Domingo 22 – 8:30 – 11:00 h
Horario de cada tanda
Elite – 09.30h
Popular 8k 1 – 10:00h
Popular 8k 2 – 10:20h
Popular 8k 3 – 10:40h
Popular 8k 4 – 11:00h
Popular 5k – 11:20h
Irmandade Miúdas – 12:00h
Actividades complementarias
Tiro con arco – 10:00 – 13:00 h
Mercadillo – 9:00 – 13:30 h
Horario xantar- 14.15h
Horario recollida premios – 13.30h
Horario A proba irmandiña – 11:30h
Horario candaira – Durante o vermú
Máis información: https://arevoltairmandinha.ccnorte.com





