
O Trail Pozo do Demo regresa o 29 de marzo cun percorrido de 15 quilómetros
26/02/2026Verín, 27 de febreiro de 2025. A Sala de Exposicións Municipal vén de clausurar a mostra fotográfica “Alén do lago”, do fotógrafo verinés Carlos Folgoso Sueiro, unha exposición que permaneceu aberta ao público ata o pasado 32 de xaneiro e que contou cunha notable resposta por parte da veciñanza e visitantes.
Organizada polo Concello de Verín en colaboración coa Asociación Vía XIV, a mostra consolidouse como unha das propostas culturais máis relevantes da tempada, permitindo ao público achegarse á particular ollada artística dun creador verinés cunha sólida traxectoria internacional.
.Ao longo destas semanas, foron numerosas as persoas que visitaron a exposición, atraídas pola forza estética e narrativa dun proxecto que propón unha viaxe simbólica pola Galicia máis profunda a través dunha coidada linguaxe visual.
A exposición destacou pola súa capacidade para xerar reflexión arredor de cuestións como a memoria, a identidade, o abandono do rural ou as transformacións sociais, todo iso envolto nunha estética cinematográfica e alegórica que convida á contemplación pausada e á interpretación persoal.
No marco da programación, Carlos Folgoso recibiu ademais dúas visitas guiadas de centros educativos da vila: alumnado de 2º de Bacharelato con Debuxo Artístico e estudantes de 3º da ESO do CPR Apostólico Mercedario, que tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o proceso creativo do autor, así como dialogar con el sobre os aspectos técnicos e conceptuais da súa obra. Estas actividades complementarias reforzan o valor pedagóxico da mostra e a conexión entre creación artística e formación académica.
Desde o Concello de Verín quérese agradecer a implicación do artista e a excelente acollida por parte do público, subliñando a importancia de seguir promovendo espazos expositivos que dean visibilidade ao talento local e acheguen á cidadanía propostas culturais de calidade.
A clausura de “Alén do lago” pecha así un ciclo expositivo que reafirma a Sala de Exposicións Municipal como un referente cultural na comarca, mantendo o compromiso de continuar ofrecendo novas iniciativas nos vindeiros meses.








