
Concello de Verín e Subdelegación do Goberno coordinan o dispositivo de seguridade do Entroido 2026
28/01/2026
⚠️ 𝘼𝙑𝙄𝙎𝙊 𝙋𝙊𝙍 𝙍𝙄𝙎𝘾𝙊 𝘿𝙀 𝙄𝙉𝙐𝙉𝘿𝘼𝘾𝙄𝙊́𝙉𝙎 𝙀𝙉 𝙑𝙀𝙍𝙄́𝙉 ⚠️
02/02/2026
As entradas pódense adquirir no Pavillón Municipal de Deportes, en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:00 horas.
Verín, 29 de xaneiro de 2026. O Concello de Verín incorpora como importante novidade na programación do Entroido 2026 o Xantar do Capuchón, que se celebrará o sábado 7 de febreiro e que nace co obxectivo de potenciar a convivencia, a participación veciñal e o Entroido vivido durante o día, tomando como elemento central a figura tradicional do Capuchón.
O Xantar do Capuchón celebrarase ás 14:30 horas no Pavillón de Deportes, cun prezo de 28 euros, sendo gratuíto para menores de 6 anos, para os que tamén será imprescindible retirar o correspondente ticket. A venda de entradas estará dispoñible, ata o xoves 5 de febreiro ás 14:00 horas, no Pavillón de Deportes, en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:00 horas.
O menú estará composto por empanadas variadas como entrante, sopa, lacón, androlla e chourizo con grelos e cachelos, e de sobremesa orellas e bica ou torta Cigarrón. Inclúe tamén auga, gaseosa e viño tinto e branco da D.O. Monterrei, así como pan, café (só ou con leite) e chupitos.
Barreira animou á participación activa da veciñanza e das persoas visitantes, destacando que «queremos que o Xantar do Capuchón sexa unha xornada para vivir o Entroido como se fixo sempre: na rúa, compartindo mesa, música e festa, e convidamos a todas e todos a vir co seu capuchón —non sendo, por suposto, obrigatorio— e gozar dun día de celebración popular».
A concelleira de Festexos subliñou ademais que esta proposta «busca recuperar e poñer en valor unha figura tradicional do noso Entroido, o Capuchón; dándolle protagonismo tamén á gastronomía, á convivencia e á participación, que son sinais de identidade desta tradicional festa verinesa».
Un día completo de animación e ambiente festivo
O Xantar do Capuchón complétase cunha programación continuada de música e animación ao longo de toda a xornada, co obxectivo de converter o centro da vila nun espazo de encontro e celebración colectiva desde as primeiras horas do día. O programa previsto para o sábado 7 de febreiro é o seguinte:
12:30 h – Sesión vermú coa Charanga Los Támega (Praza García Barbón).
14:30 h – Xantar do Capuchón (Pavillón de Deportes).
17:00 h – Animación musical con Los Támega (Rúa Irmáns Moreno – Rúa Montemaior).



