
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para Ludonadal – Ludoteca de Nadal 2025-2026
04/12/2025
A Banda de Gaitas Nova Era de Verín celebrou o seu décimo aniversario co espectáculo “DEZ” no Auditorio de Ourense este domingo
10/12/2025A área de Feiras do Concello de Verín realizou o balance da edición 2025 da Feira de Nadal a partir das enquisas cubertas polos expositores, nas que a organización municipal obtén unha valoración global de 7,84 (Notable alto). Os resultados reflicten un nivel de satisfacción xeral elevado, con aspectos organizativos que continúan mellorando e unha fidelización crecente dos participantes que lle dan un aprobado as vendas.
As enquisas pedían valorar distintos aspectos do evento, resultando as seguintes puntuacións:
- Stands: 9,30
- Horario: 9
- Ubicación (Praza Maior): 8,69
- Limpeza: 8,53
- Organización xeral: 7,02
- Música: 6,92
- Satisfacción coas vendas: 6,76
- Actividades complementarias: 6,53
Satisfacción e continuidade
O 80% dos expositores (21 persoas) aseguraron que volvería participar na edición 2026 da Feira de Nadal, mentres que un 20% non respondeu ou non o especificou.
Ademais, o interese pola Feira do Lázaro 2026 acada un dato especialmente significativo: o 88% (23 expositores) manifesta a intención de participar, fronte a un 12% que non contesta.
O concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería, Manuel Lourenzo, destacou que «os datos deste ano amosan unha tendencia de estabilidade e mellora, cunha valoración xeral notable e cunha resposta moi positiva respecto á continuidade dos expositores. A fidelización é clave», destacou, «para consolidar este evento como referente comercial e social do noso Nadal».
Premios: mellor stand e sorteo da cesta
O premio ao mellor stand natalicio da edición 2025 foi para Magari Clay. (Ariadna Uria Rodríguez)
Pola súa parte, a gañadora do sorteo da cesta de produtos típicos do Nadal foi Sonia Morillo Sánchez.



