
O Obradoiro do Cigarrón 2026-2027 completa o aforo nas dúas modalidades o primeiro día de prazo
24/09/2026
O Concello de Verín amplía as prazas do Obradoiro do Cigarrón ante a gran acollida desta nova edición
28/09/2026
- AEVER dá a coñecer os tres finalistas das cinco categorías competitivas, cuxos gañadores se desvelarán durante a Gala
- O Auditorio de Verín acollerá unha noite aberta ao público con alfombra vermella, música, pinchos e premios para as persoas asistentes
- As persoas que asistan presencialmente recibirán na propia Gala un boleto para participar no sorteo de cruceiros
- A entrada á Gala será gratuíta e as invitacións xa poden recollerse na sede de AEVER e no Auditorio de Verín
Verín, 25 de setembro de 2026. O comercio de Verín prepárase para celebrar a súa gran noite. O vindeiro 2 de outubro, ás 21:00 horas, o Auditorio de Verín acollerá a Gala dos I Premios ao Comercio de Verín, unha iniciativa promovida por AEVER para recoñecer o traballo dos establecementos da vila e converter, ao mesmo tempo, o comercio local no protagonista dunha noite aberta a toda a veciñanza.
A cita servirá para coñecer os establecementos gañadores das cinco categorías competitivas dos premios, que xa contan cos seus tres finalistas, ademais de facer entrega do Galardón Honorífico – Premio ao Comercio de Toda a Vida.
Pero a noite irá máis alá da propia entrega de galardóns. AEVER prepara unha celebración arredor do comercio local que contará con alfombra vermella, música, pinchos e premios para o público asistente. Entre eles, as persoas que acudan presencialmente recibirán un boleto para participar no sorteo de cruceiros. A actriz Iria Sobrado será a encargada de conducir a Gala, mentres que Mr. Cool porá banda sonora á noite.
A entrada será de balde e as invitacións poden recollerse previamente na sede de AEVER, de 8:00 a 14:00 e de 15:00 a 16:30 horas, e no Auditorio de Verín, de 17:00 a 21:00 horas, ata completar o aforo.
Os finalistas dos I Premios ao Comercio de Verín
Tras o proceso de valoración, tres establecementos chegan como finalistas a cada unha das cinco categorías. Os nomes dos gañadores e gañadoras permanecerán en segredo ata a noite do 2 de outubro.
No Premio á Renovación ou Relevo Xeracional, os finalistas son Pato Joyeros, Modas San José e Xoguetería Kuqui; no Premio ao Compromiso coa Comunidade e Identidade Local, Clínica Veterinaria San Roque, Xamonería Martínez e Chabela Regalos; no Premio ao Novo Comercio, Tatiana Estética Avanzada, Marise Salgado e As Pescadeiras; no Premio á Innovación Comercial de Proximidade, Abeloura Boutique, Xamonería Martínez e UnoUno; e no Premio á Mellor Comunicación Comercial de Proximidade, Coco Shoes, Santiveri e Clínica Veterinaria San Roque.
A valoración das candidaturas corre a cargo dun xurado integrado por Marta Vázquez Guzmán, directora territorial de Comercio e Emigración de Ourense; Beatriz Gómez Valcárcel, presidenta da Federación de Comercio de Ourense; Mª Isabel González, concelleira de Comercio de Verín; e Manuel Prieto, xerente de 32seicientos.
Unha noite para celebrar o comercio de Verín
Os I Premios ao Comercio de Verín nacen para recoñecer e poñer en valor diferentes maneiras de construír comercio desde a vila: desde os negocios que souberon renovarse ou dar paso a novas xeracións ata os novos proxectos, a innovación, a comunicación ou aqueles establecementos que manteñen unha relación especialmente estreita coa comunidade e coa identidade local.
Pero AEVER quere que esta primeira edición sexa tamén unha celebración conxunta entre comerciantes e veciñanza. Porque o comercio de proximidade é moito máis ca unha actividade económica: forma parte da memoria colectiva, das relacións cotiás e da propia maneira na que cada xeración vive e lembra Verín.
Datos da Gala
- Data Venres 2 de outubro
- Hora 21:00 h
- Lugar Auditorio de Verín
- Entrada De balde, con invitación
- Premios 5 categorías e 1 honorífico
- Presenta Iria Sobrado
- Música Mr. Cool
- Sorteo Boleto para cruceiros
Finalistas por categoría
Os gañadores e gañadoras desvelaranse durante a Gala do 2 de outubro.
Renovación ou Relevo Xeracional
- Pato Joyeros
- Modas San José
- Xoguetería Kuqui
Compromiso coa Comunidade e Identidade Local
- Clínica Veterinaria San Roque
- Xamonería Martínez
- Chabela Regalos
Novo Comercio
- Tatiana Estética Avanzada
- Marise Salgado
- As Pescadeiras
Innovación Comercial de Proximidade
- Abeloura Boutique
- Xamonería Martínez
- UnoUno
Mellor Comunicación Comercial de Proximidade
- Coco Shoes
- Santiveri
- Clínica Veterinaria San Roque
Galardón Honorífico
- Premio ao Comercio de Toda a Vida
Onde recoller as invitacións
Entrada de balde ata completar o aforo.


