
IES Castro de Baronceli, Colexio María Inmaculada, CPR Mercedarios de Verin , CEIP Amaro Refojo, IES Xesús Taboada Chivite primeiros premios dos certames literarios
17/05/2026
O Concello de Verín colabora nun obradoiro sobre ciberseguridade para pemes e persoas autónomas
20/05/2026
Concello incorpora novas prazas vinculadas aos servizos deportivos, sociais, xuvenís e de mantemento municipal
O Concello de Verín vén de aprobar o inicio de diferentes procesos selectivos para a contratación temporal de persoal destinado ao reforzo de servizos municipais durante os próximos meses, especialmente no período estival. As convocatorias inclúen postos vinculados ao deporte, atención social, lecer infantil e mantemento de espazos públicos.
𝗘𝗻𝘁𝗿𝗲 𝗮𝘀 𝗽𝗿𝗮𝘇𝗮𝘀 𝗰𝗼𝗻𝘃𝗼𝗰𝗮𝗱𝗮𝘀 𝗳𝗶𝗴𝘂𝗿𝗮𝗻:
• 10 postos de monitores/as de ludoteca e campamento urbano para o programa Ludoverán e Campamento Urbano Junior.
• 5 postos de socorristas para a tempada de verán 2026 nas instalacións municipais.
• Monitores/as deportivos/as para as escolas deportivas de verán e actividades en instalacións municipais.

• Auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para reforzar a atención asistencial ante as necesidades do servizo.
• Peóns de xardinería para labores de mantemento e conservación de zonas verdes municipais.
O prazo de solicitude de convocatorias rematará o póximo 28 de mail
As bases específicas de cada convocatoria establecerán os requisitos de acceso, titulacións esixidas, méritos valorables e características de cada posto. Os procesos publicaranse no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal e tamén no diario La Región.
O Concello de Verín continúa así reforzando os servizos municipais e promovendo novas oportunidades laborais vinculadas ás campañas e programas de verán, así como á atención social e ao mantemento dos espazos públicos.


