
Verín abre o prazo de inscrición para o Espazo Ludoverán e o Campamento Urbano Junior 2026
27/05/2026O mural participativo impulsado polo Concello de Verín e creado polo recoñecido ilustrador galego Leandro Lamas converteuse nun dos actos máis simbólicos da programación das Letras Galegas 2026 na vila.
Durante tres xornadas consecutivas, alumnos e alumnas de cada un dos sete centros educativos de Verín participaron activamente na elaboración colectiva do mural, unha intervención artística de 29 metros de longo situada na confluencia da Avenida Luis Espada coa Rúa do Castro. A iniciativa transformou este espazo urbano nun punto de encontro arredor da arte, da lingua galega e da creatividade compartida.
Na actividade tomaron parte estudantes do IES Castro de Baronceli, IES Xesús Taboada Chivite, IES García Barbón, CEIP Plurilingüe Princesa de España, CEIP Plurilingüe Amaro Refojo, CPR Plurilingüe María Inmaculada e CPR Apostólico Mercedario, nun proxecto colaborativo que puxo en valor a implicación da comunidade educativa na vida cultural do municipio.
O mural, inspirado na figura homenaxeada das Letras Galegas 2026, Begoña Caamaño, simboliza a unión entre cultura, educación e participación cidadá, ao tempo que deixa unha nova intervención artística permanente no espazo público de Verín.
A concelleira de Cultura, Samanta Barreira, destacou o valor desta iniciativa como «un exemplo de como a lingua e a cultura galega poden vivirse desde a participación activa e a creación compartida». Así mesmo, sinalou que «este mural queda xa como un símbolo permanente do compromiso de Verín coa cultura, coa educación e coa promoción da lingua galega».
Esta acción forma parte da programación cultural organizada polo Concello de Verín con motivo das Letras Galegas, unha edición que apostou especialmente pola participación da comunidade educativa e pola dinamización dos espazos públicos a través da Cultura.



