
O Concello de Verín e o C.R.D.O. Monterrei renovan a súa colaboración para a celebración da XIX Feira do Viño
15/07/2026
Showcookings con produtos de Experiencias de Calidade, catas e diversas actividades complementan a XIX Feira do Viño de Monterrei
16/07/2026Verín, 16 de xullo de 2026. A Praza García Barbón acollerá os días 30 e 31 de xullo e 1 de agosto unha nova edición do Torneo 3×3 Verín, unha cita xa consolidada no calendario deportivo estival que volverá reunir a numerosos rapaces e rapazas arredor do fútbol base.
O torneo está dirixido ás categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, permitindo a participación de equipos formados por entre tres e cinco xogadores. Ao longo de tres xornadas, os participantes competirán nun formato dinámico que combina deporte, convivencia e diversión nun espazo aberto e accesible para o público.
A iniciativa está organizada por 3×3 Verín e conta coa colaboración do Concello de Verín, así como co apoio de numerosas empresas e entidades da comarca que fan posible o desenvolvemento do evento.
As inscricións permanecerán abertas ata o 27 de xullo. As persoas interesadas poderán formalizar a súa participación chamando aos teléfonos 665 614 203 ou 691 658 364. Todos os equipos participantes recibirán premio e, ademais, ao longo do torneo realizaranse diferentes sorteos.




